CIFP A Farixa
Dirección: Rúa das Laxas, s/n 32005 - Ourense
Teléfono: 988 783 012
Fax: 988 783 024
Horarios:
Diurno: 8:00 - 14:30 horas
Modular - Distancia: 16:00 - 22:00 horas
Secretaría: 9:00 - 14:00 horas
Correo electrónico: cifp.farixa@edu.xunta.es
Localización: 42º 19' 24'' N - 7º 52' 03'' O
|
O pasado venres 8 de novembro celebramos no noso centro unha festa de magosto organizada polo EDLG e os Correspondentes Xuvenís do CIFP A Farixa, cunha grande e animada participación.
|
|
Mércores 30 Outubro 2019
Os alumnos dos ciclos de Producción de audiovisuais e espectáculos e os de Videodj e son organizaron numerosas actividades co gallo do Samaín.
O longo da mañá se desenvolveu un obradoiro de maquillaxe de fantasía no que os alumnos experimentaron cos materiais e crearon as súas propias feridas, queimaduras ou sangue artificial, entre outros.
Unha das actividades máis demandadas foi a Scape Room na que poideron participar alumnos doutros ciclos. Pero a que sen dúbida congregou a máis xente foi a Batalla de galos terrorífica na que os rapaces se enfrontaron rapeando co reto de empregar palabras relacionadas co Samaín. Ademáis houbo animación musical e un photocall para todo o que quixera levar unha foto de recordo.
Todas as actividades foron planificadas tendo en conta o Plan de Convivencia do centro e fomentando o respecto en termos de igualdade.
|
Venres 11 Outubro 2019
Os alumnos do CIFP A FARIXA de 1º e 2º dos ciclos superiores de Sistemas Telecomunicación e Informáticos e Automatización e Robótica Industrial , xunto con 2º ciclo medio Instalacións de Telecomunicación asistiron a InnovAtlántico 4.0, "Salón de las Nuevas Soluciones Tecnológicas", acompañados por profesorado do departamento de Electricidade-Electrónica.
Neste salón participaron empresas de vangarda nos campos de impresión 3D (tanto tecnoloxías como equipamentos), mantemento remoto, robótica aplicada a cadenas de producción industrial, PLC´s con tecnoloxias wifi, IOT, etc.
Os alumnos asistiron a varias demostracións e conferencias.
|
![]() |
Alumnado do CIFP A Farixa presentando "Valgamedeus" no marco do festival RiR (II festival internacional de curtas de comedia) de Allariz. Ver galería imaxes
|
|
Un ano máis, no Cifp A Farixa, xuntamonos para celebrar as “Letras Galegas”, lembrando que os galegos e galegas temos unha lingoa propia coa que contribuimos a enriquecer a cultura universal.
Homenaxeamos a Antonio Fraguas Fraguas, un dos principais cronistas de Galicia, pola súa traxectoria a prol da nosa cultura e o seu labor como historiador, profesor e recuperador da nosa fala.
O acto, presentado por Laura Rodriguez e o profesor José Antonio González, contou co espazo “Charlando con Antón Fraguas” no que nos falou da súa infancia, da súa mocidade e dos últimos anos.
Diversas actuacións musicais a cargo do grupo “Os da Farixa” que interpretaron “Adiós ríos; adiós, fontes” de Amancio Prada – Rosalía de Castro, “Lela” (versión de Dulde Pontes) - Castelao, “A Rumboia” de A quenlla, que tivo como solista ao profesor Manuel Quintana e coros dos alumnos de “Tafad”.
O concurso “Acerta e gana” presentado polo profesor Xoan Manuel Bazarra, estivo moi emocionante. Profesores e alumnos competiron, un ano máis, por demostrar os seus coñecementos acerca da vida e obra de Antón Fraguas. O concurso rematou cun empate a 200 puntos entre os equipos, demostrando o alto nivel dos participantes que non fallaron ningunha das preguntas.
Para terminar, como acto de evocación da identidade de Galicia, o entregado público entoou o Himno Galego que foi cantado por todos os asistentes postos en pé.
As actividades para a celebración das Letras Galegas no CIFP A Farixa estiveron organizadas polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e de Biblioteca. Agradecemos a toda a comunidade educativa que, dunha ou doutra maneira, participaron no desenvolvemento do acto.
¡Parabéns a todos polo traballo realizado nesta fermosa actividade!
|
![]() |
|
Con motivo do “día contra a Violencia de Xénero, no Cifp A Farixa realizamos varias actividades co fin de concienciar á comunidade educativa, unir os nosos esforzos e reivindicar a erradicación dá violencia cara ás mulleres que impide que a sociedade avance no camiño dá igualdade e do benestar común.
Na chaira da fachada principal de acceso ao centro manifestouse o alumnado e o profesorado. Susana Fernández Álvarez, alumna do CS de Axencias de Viaxes en representación dos alumnos e alumnas, leu o manifesto en contra da violencia de xénero.
No salón de actos tivo lugar a conferencia de Carmen Armada “ As orixes da violencia de xénero” que foi moi interesante e que gustou moito ao público asistente.
O equipo de Biblioteca quere compartir cos lectores da Farixa una selección de libros que denominamos “lecturas contra as inxustizas sociais” tanto pola súa relevancia como polo interese espertado entre o alumnado.
|
|
|
|
MANIFESTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A Farixa 26 de novembro de 2019
A violencia machista constitúe un dos maiores atentados contra os Dereitos Humanos e a dignidade das persoas, causa dano e sufrimento a millóns de mulleres no mundo e impide alcanzar os obxectivos da igualdade.
Segundo un informe da ONU, unha das causas principais de morte entre as mulleres entre 15 e 44 anos en todo o mundo é a violencia de xénero con cifras similares ás mortes provocadas polo cancro, os accidentes de tráfico ou as guerras. Outro dato demoledor, segundo Intermón Oxfan, é que 7 de cada 10 mulleres no mundo, sufrirá violencia física ou sexual nalgún momento da súa vida.
Non nos podemos permitir non actuar, manternos en silencio, ante este escenario. Estamos na obrigación de actuar, xa que o silencio só beneficia aos agresores. Nós non queremos ser cómplices por iso alzamos a voz para posicionarnos en contra da violencia.
PECHAMOS A PORTA AOS MALOS TRATOS, ANTE O AGRESOR TOLERANCIA CERO, CONTRA A VIOLENCIA TODOS E TODAS DAMOS A CARA, NON SOMOS CÓMPLICES.
E ás mulleres vítimas de violencia machista queremos enviarlles unha mensaxe de solidariedade e de esperanza:
“TÍ MERECES UN MUNDO MELLOR, HAI SAÍDA AOS MALOS TRATOS”
CONSTRUAMOS ENTRE TODOS E TODAS UN FUTURO MELLOR
|
Mobilidades FP Dual
O noso alumnado de segundo curso do ciclo de Eficiencia Enerxética e enerxía solar térmica, atópase mellorando a súa competencia lingüística en Bruselas, gracias ó programa de Mobilidade de FP Dual.
|
|
Este luns, 40 profesores/as de primaria, secundaria, EEOOII e F.P inician a segunda fase do Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) en Canadá. Durante 4 semanas convivirán cunha familia canadiense e se integrarán na vida escolar dun centro público do Distrito escolar de Ottawa-Carleton de ensinanza acorde coa súa especialidade.
Este programa ten como obxecto fomentar a actualización metodolóxica e a mellora do nivel de competencia dos docentes en comunicación lingüística en linguas estranxeiras a través do contacto directo con persoas dos países de fala inglesa e que promovan o avance na consolidación do bilingüismo e plurilingüismo nos centros escolares galegos.
|
|
A Asociación de Construtores de Ourense –ACO- rubricaba esta maña na súa sede un acordo co CIFP A Farixa co obxecto de colaborar na formación curricular específica dos ciclos formativos e realización das actividades laborais na empresa do alumnado de A Farixa, mediante actividades de formación, traballo na empresa, e formación complementaria específica.
|
|
|
O CIFP A Farixa e o Concello de Celanova acaban de asinar o acordo de colaboración no que o alumnado dos Ciclos Superiores de Axencias de viaxes e xestión de eventos e de Guía, información e asistencia turísticas, mergullaránse nas actividades da XVII Romaría Etnográfica do Raigame en Vilanova dos Infantes o vindeiro 17 de maio.
Este acordo dálle a oportunidade aos estudantes de participar como meritorios/as nas tarefas da organización e control do evento e na atención dos visitantes así como a oportunidade de levar a cabo visitas guiadas aos asistentes, coordinados polo Técnico do Concello Antonio Piñeiro, o do Centro Cultural Popular Xoaquín Lorenzo, Javier Álvarez e a Xefa do departamento de Turismo, Rita Masid.
Estamos desexando que comece o Raigame!
|
Presentación Movilidades Erasmus+ 2019
|
El pasado día 18 de Marzo O consorcio Ourense-Europa celebró en el Salón de Actos del I.E.S. 12 de Octubre |
|
|
|
Os pasados días 6 e 7 de Febreiro, impartíronse no Salón de Actos deste centro, charlas encamiñadas á concienciación e uso responsable respecto das Tecnoloxías de Comunicación, por parte do Garda Civil: EFRÉN VARÓN, destinado no Equipo de Investigación da Compañía de Ourense – Delincuencia Tecnolóxica, quen se fai cargo das dilixencias relacionadas con esta tipoloxía delituosa.
Impartíronse coñecementos dos ilícitos penais máis frecuentes, tales como ESTAFAS, DELITOS CONTRA A INTIMIDADE, USURPACIÓN DE ESTADO CIVIL, APROPIACIÓN INDEBIDA, DANOS INFORMÁTICOS, etc, realizando unha explicación supostos prácticos.
Procedeuse tamén a tratar os delitos e infraccións relacionados/ as coa LEI DE PROPIEDADE INTELECTUAL, e tipoloxía referente ao actual Regulamento Xeral de Protección de Datos ( RGPD), no que ao uso de fotografías refírese (procedemento para denunciar un uso inadecuado de imaxes).
De igual maneira, fíxose especial mención ás figuras de ACOSO e VIOLENCIA DE XÉNERO, así como a súa tipoloxía relacionada (Calumnias, Inxurias, Ameazas).
Ao acto, asistiron alumnos dos ciclos de Edificación e Obra Civil, Eficiencia Enerxética, Electricidade e Electrónica, Hostalaría e Turismo, Imaxe e Son e Actividades Físicas e Deportivas , quen mostrou un alto grao de interese e participación.
|