Datos de contacto

CIFP A Farixa

Dirección: Rúa das Laxas, s/n  32005  -  Ourense

Teléfono: 988 783 012

Fax: 988 783 024

 

Horarios:   

Diurno: 8:00 - 14:30 horas

Modular - Distancia: 16:00 - 22:00 horas

Secretaría:  9:00 - 14:00 horas

 

Correo electrónico: cifp.farixa@edu.xunta.es 

www.facebook.com/cifpafarixa/

twitter.com/@afarixa

 

Localización:  42º 19' 24'' N   7º 52' 03'' O

 

                        

 

Localización

 

Instalacións

O CENTRO
Lunes, 09 Diciembre 2019

  CSELE03 Decreto 102/2013, do 13 de xuño Real Decreto 1581/2011, do 4 de novembro 

 

AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL

 

 
       
Familia
Profesional
Electricidade e electrónica  
Título Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial  
 Duración  2000 horas  
Acceso Título universitario
Título de técnico superior ou técnico especialista
Con título de Bacherelato LOMCE/LOE/LOGXE (Preferencia modalidade Ciencias e Técnoloxía)
Título de tecnico de grao medio / BUP /
Con COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalente
Con Título de Técnico Especialista - Proba acceso universidade > 25 anos
Mediante proba a ciclo de grao superior  para maiores de 19 anos
 
Perfil Profesional  
Competencia Xeral *A competencia xeral do título de técnico superior en automatización e robótica industrial consiste en desenvolver e xestionar proxectos de montaxe e mantemento de instalacións automáticas de medida, regulación e control de procesos en sistemas industriais, así como supervisar ou executar a montaxe, o mantemento e a posta en marcha deses sistemas, respectando criterios de calidade, seguridade e respecto polo ambiente e o deseño universal.
*Configurar instalacións e sistemas automáticos, de acordo coas especificacións e as prescricións regulamentarias.
*Configurar os equipamentos, desenvolvendo programas de xestión e control de redes de comunicación mediante buses estándar de sistemas de automatización industrial.
*Elaborar planos e esquemas de instalacións e sistemas automáticos, de acordo coas características dos equipamentos e coas características funcionais da instalación, utilizando ferramentas informáticas.
*Definir o protocolo de montaxe, as probas e as pautas para a posta en marcha de instalacións automáticas, a partir das especificacións.
*Facer a implantación da instalación de acordo coa documentación técnica, arranxando os problemas da súa competencia e informando doutras continxencias, para asegurar a viabilidade da montaxe.
*Supervisar e/ou montar os equipamentos e os elementos asociados ás instalacións eléctricas e electrónicas, de control e infraestruturas de comunicacións en sistemas automáticos.
*Supervisar e/ou manter instalacións e equipamentos, realizando as operacións de comprobación, localización de avarías, axuste e substitución dos seus elementos, e restituíndo o seu funcionamento.
*Supervisar e realizar a posta en servizo de sistemas de automatización industrial, verificando o cumprimento das condicións de funcionamento establecidas.
 
Postos de Traballo 1. As persoas que obteñen este título han exercer a súa actividade profesional en empresas públicas e privadas
relacionadas cos sistemas automáticos industriais, nas áreas de deseño, montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial.
2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
– Xefe/a de equipo de supervisión de montaxe de sistemas de automatización industrial.
– Xefe/a de equipo de supervisión de mantemento de sistemas de automatización industrial.
– Verificador/ora de aparellos, cadros e equipamentos eléctricos.
– Xefe/a de equipo en taller electromecánico.
– Técnico/a en organización de mantemento de sistemas de automatización industrial.
– Técnico/a de posta en marcha de sistemas de automatización industrial.
– Proxectista de sistemas de control de sistemas de automatización industrial.
– Proxectista de sistemas de medida e regulación de sistemas de automatización industrial.
– Proxectista de redes de comunicación de sistemas de automatización industrial.
– Programador/ora controlador/ora de robots industriais.
– Técnico/a en deseño de sistemas de control eléctrico.
– Deseñador/ora de circuítos e sistemas integrados en automatización industrial.
 
Plan de estudos  
Curso Código  Módulo  Hor Seman créditos  Horas  Horas


7 módulos

MP0959 Sistemas eléctricos, pneumáticos e hidráulicos   10 160 960
MP0960 Sistemas secuenciais programables   10 160
MP0961 Sistemas de medida e regulación   10 133
MP0962 Sistemas de potencia.   12 186
MP0963 Documentación técnica   5 107
MP0964 Informática industrial.   5 107
MP0970 Formación e orientación laboral   5 107


7 módulos

MP0965 Sistemas programables avanzados   5 123 1040
MP0966 Robótica industrial   5 87
MP0967 Comunicacións industriais   11 192
MP0968 Integración de sistemas de automatización industrial   11 175
MP0971 Empresa e iniciativa emprendedora   4 53
MP0969 Proxecto de Automatización e Robótica Industrial   5 26
MP0972 Formación en centros de trabajo   22 384
Titulación Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial
Acceso Estudos 1. O título de técnico superior en Automatización e Robótica Industrial, permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan.
2. Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.
3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo.