Datos de contacto

CIFP A Farixa

Dirección: Rúa das Laxas, s/n  32005  -  Ourense

Teléfono: 988 783 012

Fax: 988 783 024

 

Horarios:   

Diurno: 8:00 - 14:30 horas

Modular - Distancia: 16:00 - 22:00 horas

Secretaría:  9:00 - 14:00 horas

 

Correo electrónico: cifp.farixa@edu.xunta.es 

www.facebook.com/cifpafarixa/

twitter.com/@afarixa

 

Localización:  42º 19' 24'' N   7º 52' 03'' O

 

                                 

 

Localización

 

Instalacións

O CENTRO
Sábado, 26 Mayo 2018

CS - Guía, Información e Asistencia Turística

  CSHOT03 Real Decreto 1255/2009 do 24 de xullo Decreto 167/2010, do 23 de setembro 

 

GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICAS 

 

       
Familia
Profesional
Hostalaría e Turismo  
Título Técnico Superior en Guía Información e Asistencia Turísticas  
 Duración  2000 horas  
Acceso Título universitario
Título de técnico superior ou técnico especialista
Con título de Bacherelato LOMCE/LOE/LOGXE (Preferencia modalidade Humanidades e Ciencias sociais)
Título de tecnico de grao medio / BUP /
Con COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalente
Con Título de Técnico Especialista - Proba acceso universidade > 25 anos
Mediante proba a ciclo de grao superior  para maiores de 19 anos
 
Perfil Profesional 
Competencia Xeral A competencia xeral deste título consiste en planificar e promocionar destinos turísticos de base territorial, informar sobre eles, e guiar e prestar asistencia a persoas viaxeiras e a clientes nestes destinos, así como en terminais, en medios de transporte, en eventos e noutros destinos turísticos.
a) Estudar o potencial das áreas territoriais e do mercado turístico da zona, e detectar as axudas institucionais, analizando a información necesaria, para a súa promoción como destino.
b) Asesorar e informar turistas tanto en puntos de información como en viaxe ou no destino, tendo en conta as normas de protocolo básicas e empregando os medios técnicos máis adecuados en función de cada cliente, para lograr unha prestación de servizo satisfactoria e a fidelización das persoas visitantes.
c) Guiar e asistir persoas viaxeiras durante as viaxes, nos traslados ou nas visitas, empregando as estratexias de comunicación, para conseguir a súa satisfacción.
d) Atender as continxencias, os imprevistos e as queixas que poidan xurdir e afectar a persoas viaxeiras, e solucionar os problemas que ocasionen, de xeito que se permita un desenvolvemento adecuado do servizo.
e) Prestarlle servizos específicos á clientela en medios de transporte e en terminais de viaxeiros (en aeroportos e estacións), cumprindo as formalidades propias destes procesos.
f) Establecer e administrar unha pequena empresa, realizando unha análise básica da viabilidade de produtos e servizos, da planificación e da comercialización.
 
Postos de Traballo Guía local; Guía acompañante; Guía en lugares onde se localicen bens de interese cultural;Informador/ora turístico/a; Xefe/a de oficinas de información; Promotor/ora turístico/a; Técnico/a de empresa de consultoría turística; Axente de desenvolvemento turístico local; Azafata/asistente en medios de transporte terrestre ou marítimo; Asistente en terminais (estacións, portos e aeroportos); Encargado/a de facturación en terminais de transporte; Asistente en feiras, congresos e convencións.  
Plan de estudos 
Curso Código  Módulo  Hor Seman créditos  Horas  Horas

6 módulos
MP0171 Estrutura do mercado turístico 5 8 133 960
MP0173 Márquetin turístico 6 10 160
MP0179 Inglés 6 7 160
MP0384 Recursos turísticos 7 10 187
MP0383 Destinos turísticos 8 12 213
MP0389 Formación e orientación laboral 4 5 107

8 módulos
MP0172 Protocolo e relacións públicas 6 8 105 1040
MP0180 Francés 9 7 157
MP0385 Servizos de información turística 4 6 70
MP0386 Procesos de guía e asistencia turística 6 8 105
MP0387 Deseño de produtos turísticos 8 8 140
MP0390 Empresa e iniciativa emprendedora 3 4 53
MP0388 Proxecto de guía, información e asistencia turística 6 5 26
MP0391 Formación en centros de Traballo   22 384
             
Titulación Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas  
Acceso Estudos 1. O título de técnico superior en guía, información e asistencia turísticas permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan.
2. Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan.
3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo.