Datos de contacto

CIFP A Farixa

Dirección: Rúa das Laxas, s/n  32005  -  Ourense

Teléfono: 988 783 012

Fax: 988 783 024

 

Horarios:   

Diurno: 8:00 - 14:30 horas

Modular - Distancia: 16:00 - 22:00 horas

Secretaría:  9:00 - 14:00 horas

 

Correo electrónico: cifp.farixa@edu.xunta.es 

www.facebook.com/cifpafarixa/

twitter.com/@afarixa

 

Localización:  42º 19' 24'' N   7º 52' 03'' O

 

                                 

 

Localización

 

Instalacións

O CENTRO
Domingo, 19 Agosto 2018

Promo ciclos Edificación

 

Durante o transcurso do curso 2017/18, desde o Departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP A Farixa, en Ourense, experimentouse unha crecente demanda de alumnos de último ano por parte de empresas construtoras e despachos de arquitectura na contorna de centro. Así como a obra civil é un sector que aínda se está recuperando, o sector da edificación xa funciona con crecemento continuo, pois así o reflicten os datos, non só do centro de Ourense, senón tamén outros centros de referencia como son o IES As Fontiñas en Santiago de Compostela e o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro en Ferrol.

 

No momento actual, ademais das empresas da familia profesional, hai moita demanda de alumnado tanto do “Ciclo Medio de Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación” como do “Ciclo Superior de Proxectos de Edificación”, xa que os contidos que se ensinan en ambos os ciclos capacitan aos alumnos para traballar en empresas relacionadas co deseño gráfico e oficinas de arquitectura e enxeñería.

 

Este ano, o Departamento de Edificación e Obra Civil da Farixa situou a todos os seus alumnos en empresas nada máis terminar o ciclo e tivo que rexeitar ofertas de emprego ata en oito ocasiones de empresas de estruturas de madeira, estruturas metálicas, rehabilitación e ata de empresas de automoción para o seu departamento de delineación.