CSHOT03 | Real Decreto 1255/2009 do 24 de xullo Decreto 167/2010, do 23 de setembro | |||||
GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICAS
|
||||||
Familia Profesional |
Hostalaría e Turismo | |||||
Título | Técnico Superior en Guía Información e Asistencia Turísticas | |||||
Duración | 2000 horas | |||||
Acceso | Título universitario Título de técnico superior ou técnico especialista Con título de Bacherelato LOMCE/LOE/LOGXE (Preferencia modalidade Humanidades e Ciencias sociais) Título de tecnico de grao medio / BUP / Con COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalente Con Título de Técnico Especialista - Proba acceso universidade > 25 anos Mediante proba a ciclo de grao superior para maiores de 19 anos |
|||||
Perfil Profesional | ||||||
Competencia Xeral | A competencia xeral deste título consiste en planificar e promocionar destinos turísticos de base territorial, informar sobre eles, e guiar e prestar asistencia a persoas viaxeiras e a clientes nestes destinos, así como en terminais, en medios de transporte, en eventos e noutros destinos turísticos. a) Estudar o potencial das áreas territoriais e do mercado turístico da zona, e detectar as axudas institucionais, analizando a información necesaria, para a súa promoción como destino. b) Asesorar e informar turistas tanto en puntos de información como en viaxe ou no destino, tendo en conta as normas de protocolo básicas e empregando os medios técnicos máis adecuados en función de cada cliente, para lograr unha prestación de servizo satisfactoria e a fidelización das persoas visitantes. c) Guiar e asistir persoas viaxeiras durante as viaxes, nos traslados ou nas visitas, empregando as estratexias de comunicación, para conseguir a súa satisfacción. d) Atender as continxencias, os imprevistos e as queixas que poidan xurdir e afectar a persoas viaxeiras, e solucionar os problemas que ocasionen, de xeito que se permita un desenvolvemento adecuado do servizo. e) Prestarlle servizos específicos á clientela en medios de transporte e en terminais de viaxeiros (en aeroportos e estacións), cumprindo as formalidades propias destes procesos. f) Establecer e administrar unha pequena empresa, realizando unha análise básica da viabilidade de produtos e servizos, da planificación e da comercialización. |
|||||
Postos de Traballo | Guía local; Guía acompañante; Guía en lugares onde se localicen bens de interese cultural;Informador/ora turístico/a; Xefe/a de oficinas de información; Promotor/ora turístico/a; Técnico/a de empresa de consultoría turística; Axente de desenvolvemento turístico local; Azafata/asistente en medios de transporte terrestre ou marítimo; Asistente en terminais (estacións, portos e aeroportos); Encargado/a de facturación en terminais de transporte; Asistente en feiras, congresos e convencións. | |||||
Plan de estudos | ||||||
Curso | Código | Módulo | Hor Seman | créditos | Horas | Horas |
1º 6 módulos |
MP0171 | Estrutura do mercado turístico | 5 | 8 | 133 | 960 |
MP0173 | Márquetin turístico | 6 | 10 | 160 | ||
MP0179 | Inglés | 6 | 7 | 160 | ||
MP0384 | Recursos turísticos | 7 | 10 | 187 | ||
MP0383 | Destinos turísticos | 8 | 12 | 213 | ||
MP0389 | Formación e orientación laboral | 4 | 5 | 107 | ||
2º 8 módulos |
MP0172 | Protocolo e relacións públicas | 6 | 8 | 105 | 1040 |
MP0180 | Francés | 9 | 7 | 157 | ||
MP0385 | Servizos de información turística | 4 | 6 | 70 | ||
MP0386 | Procesos de guía e asistencia turística | 6 | 8 | 105 | ||
MP0387 | Deseño de produtos turísticos | 8 | 8 | 140 | ||
MP0390 | Empresa e iniciativa emprendedora | 3 | 4 | 53 | ||
MP0388 | Proxecto de guía, información e asistencia turística | 6 | 5 | 26 | ||
MP0391 | Formación en centros de Traballo | 22 | 384 | |||
Titulación | Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas | |||||
Acceso Estudos | 1. O título de técnico superior en guía, información e asistencia turísticas permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan. 2. Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan. 3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo. |