CSIMS01 | Real Decreto 1681 2011 do 18 de novembro Decreto 78/2013, do 16 de maio | |||||
PRODUCIÓN DE AUDIOVISUAIS E ESPECTÁCULOS
|
||||||
Familia Profesional | Imaxe e Son | |||||
Título | Técnico Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos | |||||
Duración | 2000 horas | |||||
Acceso | Título universitario Título de técnico superior ou técnico especialista Con título de Bacherelato LOMCE/LOE/LOGXE (Preferencia modalidade Ciencias e Técnoloxía) Título de tecnico de grao medio / BUP / Con COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalente Con Título de Técnico Especialista - Proba acceso universidade > 25 anos Mediante proba a ciclo de grao superior para maiores de 19 anos |
|||||
Perfil Profesional | ||||||
Competencia Xeral | A competencia xeral deste título consiste en planificar, organizar, supervisar e xestionar os recursos económicos, materiais, técnicos e humanos para a produción de audiovisuais, espectáculos e eventos, asegurando o cumprimento dos plans ou obxectivos da produción, no tempo e nas condicións de custo e calidade establecidas. a) Deducir as características formais e expresivas dos proxectos de audiovisuais, espectáculos e eventos, a partir da análise da súa documentación técnica, cumprindo os obxectivos previstos para a súa realización. b) Desagregar os recursos humanos, técnicos e materiais necesarios para a produción de proxectos audiovisuais, de espectáculos de eventos, determinandomprindo os bxectivos previstos para a súa realización. c) Planificar a produción dos proxectos, establecendo as fases, optimizando tempos, recursos, custos e calidades, coa autonomía e a eficacia requiridas. d) Calcular os custos de produción de proxectos de audiovisuais, espectáculos e eventos para realizar orzamentos, avaliando as formas e as fontes de financiamento idóneas segundo as características do proxecto, e contribuíndo á análise da súa viabilidade. e) Xestionar a selección e a contratación dos recursos humanos, técnicos e artísticos, asegurando a súa idoneidade e a súa dispoñibilidade, nos tempos previstos no plan de traballo audiovisual ou no plan de comercialización e explotación do espectáculo ou evento. f) Xestionar e organizar a dispoñibilidade e o aprovisionamento de recursos técnicos, materiais, espaciais e loxísticos, asegurando a subministración, a súa idoneidade e o seu funcionamento, e elaborando o programa de contratacións, compras, construción e alugamentos. g)Xestionar as actividades asociadas ao pechamento dos aspectos técnicos, loxísticos, administrativos, económicos e fiscais dos proxectos, organizando a documentación xerada durante o proceso de produción e realizando un balance final como base de optimización de proxectos futuros. |
|||||
Postos de Traballo | * As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade no sector da produción de calquera tipo de programa audiovisual (cine, vídeo, multimedia, televisión, radio e novos medios),así como na produción de espectáculos (artes escénicas,producións musicais e eventos). *As ocupacións e postos de traballo máis salientables son os seguintes: Axudante de produción de cine. Axudante de produción de vídeo. Axudante de produción de televisión. Axudante de produción de animación. Axudante de produción de multimedia. Axudante de produción de radio. Axudante de produción de espectáculos en vivo e eventos. Xerente de compañía. |
|||||
Plan de estudos | ||||||
Curso | Código | Módulo | Hor Seman | créditos | Horas | Horas |
1º 5 módulos |
MP0910 | Medios técnicos audiovisuais e escénicos | 12 | 187 | 960 | |
MP0915 | Planificación de proxectos audiovisuais | 15 | 266 | |||
MP0918 | Planificación de proxectos de espectáculos e eventos | 11 | 213 | |||
MP0920 | Recursos expresivos audiovisuais e escénicos | 11 | 187 | |||
MP0923 | Formación e orientación laboral | 5 | 107 | |||
2º 7 módulos |
MP0916 | Xestión de proxectos cine, video e multimedia | 10 | 157 | 1040 | |
MP0917 | Xestión de proxectos de televisión e radio | 7 | 140 | |||
MP0919 | Xestión de proxectos espectáculos e eventos | 7 | 105 | |||
MP0921 | Administración e promoción audiovisuais e espectáculos | 11 | 175 | |||
MP0924 | Empresa e iniciativa emprendedora | 4 | 53 | |||
MP0922 | Proxecto produción audiovisuais e espectáculos | 5 | 26 | |||
MP0925 | Formación en Centros de Trabajo | 22 | 384 | |||
Titulación | Técnico Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos | |||||
Acceso Estudos | 1. O título de técnico superior en produción de audiovisuais e espectáculos permite o acceso directo para cursar calquera outro ciclo formativo de grao superior, nas condicións de acceso que se establezan. 2. Este título permite o acceso directo ás ensinanzas conducentes aos títulos universitarios de grao nas condicións de admisión que se establezan. 3. Para os efectos de facilitar o réxime de validacións entre este título e as ensinanzas universitarias de grao, asígnanse 120 créditos ECTS distribuídos entre os módulos profesionais deste ciclo formativo. |