Domingo, 09 Mayo 2021

 

 

De acordo có convenio alcanzado entre o CIFP A Farixa e “Placo SAINT GOBAIN”, empresa de ámbito multinacional pioneira en solucións innovadoras no eido dos sistemas construtivos de interior, ven de celebrarse dende o 19 ata o 21 de este mes de abril a primeira “PLACO MASTER CLASS”, dirixida por Carlos Osuna (excelente técnico especialista da empresa) e executada polo noso alumnado do primeiro curso do ciclo OBRAS DE INTERIOR, DECORACIÓN E REHABILITACIÓN, nas instalacións do reacondicionado taller T-303, coa colaboración do equipo directivo e o departamento de edificación e obra civil.

 

O obxectivo do obradoiro era achegar ao alumnado os sistemas de placas de xeso laminado de gran formato e distintas características e usos, dende a placa simple ata a de gran resistencia, pasando polos tratamentos ignífugos contra o lume, a protección fronte a humidade  ou o illamento térmico e acústico,  fabricadas con xeso natural 100% reciclable de xeito ilimitado e papel reciclado nun 97%

 

Agradecemos a Placo SAINT GOBAIN a súa atención e xenerosidade, e felicitamos ao alumnado do ciclo polo traballo desenvolvido, que eles mesmos completarán neste e no vindeiro segundo curso

 

GALERÍA DE IMAXES