Punto de recarga sostible (solar) para vehículos eléctricos | ||
|
FUNCIONAMENTO EN TEMPO REAL
|
ESTACIÓN METEREOLÓXICA
|
![]() |
||
Profesorado pertencente ás familias de “Enerxía e auga” e “Electricidade e electrónica” colaboraron na realización do proxecto “Punto de recarga sostible (solar) para vehículos eléctricos”. Trátase dunha instalación solar fotovoltaica executada con fins didácticos na que os alumnos poden facer prácticas mellorando a súa aprendizaxe. Ademais de ter a posibilidade de estudar e analizar todos os compoñentes e as características dos equipamentos da instalación, o proxecto completouse coa instalación dunha estación meteorolóxica da que se obteñen datos que, cruzados cos datos de produción de enerxía fotovoltaica, permiten analizar o comportamento, funcionamento e rendemento da instalación fotovoltaica executada. O proxecto mostra a importancia das enerxías renovables na actualidade, conseguindo dispor no CIFP A Farixa dun sistema de recarga de vehículos eléctricos, mostrando unha innovadora e importante aplicación práctica da enerxía solar.
|
||
![]() |
||
|
||
![]() |